Notas de prensa - Mabel Rivera

Vaya al Contenido

Menu Principal:

TEATRO > 2010



Domingo 11 de Abril de 2010
O elenco de “Master Class” abre ó público os ensaios da obra que estrean o xoves


REDACCIÓN  FERROL

A vida profesional e privada da soprano María Callas (1923-1977) contén suficiente paixón para seguir fascinando a millóns de persoas anos despois da súa morte. Se a este atractivo se lle suma a habilidade dramática de Terrence McNally -un dramaturgo admirador dela desde neno-, o resultado é “Master Class”, un texto que se levou a escena por primeira vez en 1995 e que, desde entón, non deixou de ser representado en todo o mundo. A actriz ferrolá Mabel Rivera e Bengala Producións, co patrocinio do Xacobeo, danse a man para facer unha versión galega, que este xoves se estrea no teatro Jofre.

A acción transcorre no conservatorio neoyorquino Juilliard, a onde Callas, en 1971 e 1972, acudiu a impartir unhas clases maxistrais. A diva amósase implacable cos seus alumnos, ós que alecciona sobre a dedicación da vida enteira á arte e sobre distintos capítulos da súa propia biografía. Fai tamén partícipe ó público dunhas horas nas que viaxa pola súa tormentosa vida, polos seus sonados éxitos e polas súas miserias. Ó tempo, e sobre todo, o texto é unha reflexión sobre a unión de vida e de arte, sobre unha separación que non existía no caso da Callas. “Terrence McNally transforma estas clases, de maneira maxistral, nun ‘tour de force’ entre vida privada e artística, creando un conflito de innumerables matices no que a sabiduría do personaxes e a riqueza das súas vivencias forman un xeito de catarse na que se ven envoltos tódolos participantes na representación”, explican desde Bengala Producións.

O reto de interpretación polo que pasa Mabel Rivera foi tamén o que tiveron actrices como Faye Dunaway ou Norma Aleandro ó enfrontarse cun papel tan difícil como satisfactorio.

Con ela, no escenario, estarán o murgardés Lino Braxe (interpretando ó pianista Manny), María Torres (que encarna á primeira alumna) e os cantantes líricos Julia Cea e Enrique Martínez, que pasan tamén polas mans e polos consellos da Callas.

A dirección de escena corre por conta de Xosé M. Rabón, fundador do grupo de teatro O Facho, da compañía Luís Seoane, de Producións Librescena e tamén de Bengala. Ten ampla experiencia como director tamén cos Amigos da Ópera da Coruña, cos que sacou adiante, nos anos 80 e comezos dos 90, “Don Pasquale” e “L’elisir d’amore”, de Donizetti; “La Traviata”, de Verdi; “Bastian e Bastiana”, de Mozart; ou “La Bohème”, de Puccini.

A compañía comeza os últimos ensaios hoxe mesmo, xa no Jofre. Mañá, queren facer ós ferroláns partícipes desta experiencia abrindo o teatro, a partir das 19.30 horas, a quen desexe asistir á posta a punto destes últimos detalles. Os interesados deben inscribirse, gratis, no Punto de Información Cultural que hai no propio Jofre ou chamando ó 981 944 245.

A continuación, celebrarase unha tertulia-café con Mabel Rivera e Xosé M. Rabón, organizada pola Asociación de Amigos do Teatro Jofre. Estará moderada por Elina Luaces.

“Master Class” estréase o xoves ás 20.30 horas e repetirá función o venres e o sábado, esta vez ás 21.00 horas. As entradas custan dez euros.


E D I T O R I A L

MASTER CLASS

Ferrol va a disfrutar del privilegio de ser la ciudad en la que se estrene la obra Master Class, en la que una ferrolana, Mabel Rivera, es la actriz principal encarnando el papel de la cantante María Callas. X. M. Rabón dirige el elenco que mañana, lunes, ensayará en abierto. Director y principal actriz mantendrán un cara a cara con el público que acuda al Jofre. El día del estreno es el jueves, con llenazo seguro. Buena oportunidad para que sus paisanos tributen a Mabel Rivera el calor y el reconocimiento que se merece.





Ferrol Martes 9 de Febrero de 2010

A ferrolá Mabel Rivera métese na pel de María Callas na peza “Master Class

REDACCIÓN FERROL


Xosé Rabón, María Torres, Mabel Rivera, Irisarri, Carbajales e Lino Braxe durante a rolda de prensa luis polo

A actriz ferrolá Mabel Rivera achegouse onte ata Ferrol para presentar “Master Class”, un espectáculo a medio camiño entre a ópera e o teatro e no que a actriz se meterá na pel da carismática cantante de ópera, María Callas. A montaxe estrearase o vindeiro 15 de abril no Jofre. Neste escenario permanecerá dúas xornadas máis antes de iniciar unha completa xira por teatros do resto de Galicia e España.

O punto de partida de “Master Class” son as clases que a soprano impartiu durante os últimos anos da súa vida na afamada academia neiorquina Juilliard. O autor do texto, Terrence McNally, soubo unir de xeito maxistral a vida privada e artística da Callas creando un conflito de matices no que público, actores e cantantes vense implicados. Mabel Rivera é a impulsora do proxecto que agora saca a escena Bengala Produccións. “Nunca me sentín tan implicada desde a orixe cunha función”, comentaba onte. Neste senso explicou, coñecía o texto desde hai dez anos pero que non foi ata o ano 2007 (a raíz de introducirse no mundo da música colaborando coa Orquestra Sinfónica de Galicia na obra “O rescate de Penélope”) cando se planteou sacala adiante. “Púxenme a traballar na tradución e empecei a movela, levou tempo pero aquí estamos”. “Foi un proceso rarísimo porque foi á inversa”, sinalou referíndose a que normalmente os actores teñen que esperar a que alguén lles propoña un proxecto e neste caso foi ó reves.

En relación ós aspectos máis artísticos da peza sinalou que “a función é unha lección maxistral, o público vai estar presenciando o destripe o traballo real dun artista”. “Amosa a loita co creador e da persoa, da necesidade que ten o artista de apropiarse dos seus materiais de traballo antes de saír a escena”. Trátase, segundo explicou, “dun exercicio de complicidade co público”.

Nesta mesma liña manifestouse tamén o director do espectáculo, Xosé M. Rabón, presente xunto cos actores Lino Braxe e María Torres no acto. “Master Class’ fala da vida e da arte, de como é a loita interna dos artistas que normalmente non coñece o público. Aquí amósase o conflito entre a artista e a persoa, esto vexe reflexado nos alumnos ós que lle da clase” sinalou. Sobre Mabel Rivera, Rabón comentou que foi a impulsora do proxecto e que “é a María Callas perfecta”. Os dous coincidiron á hora de asegurar que desde un principio pensaron en Ferrol, e concretamente no Jofre, para estrear este espectáculo.

Pola súa banda, o alcalde, Vicente Irisarri, calificou de “regalazo para a cidade” o espectáculo. A concelleira de Cultura, Mercedes Carbajales, mostrouse tamén satisfeita de poder contar cunha montaxe desta calidade dentro da programación do Jofre.

O elenco artístico de “Master Class” complétase con actores da talla de Lino Braxe e María Torres. Dos papeis líricos encárganse Julia Cea e Enrique Martínez. Tamén participa Celso Parada.

Opinión Martes 9 de Febrero de 2010

E D I T O R I A L

MABEL RIVERA



Se xa a obra “Master Class”, polo peso argumental e actores, se aventura como un magno espectáculo, non dubidamos, por outro lado, que a gran actriz Mabel Rivera botou o resto para estreala no histórico teatro Jofre. A súa condición de ferrolá albíscase na decisión de elixir a cidade departamental para facer as primeiras galas. A mellor maneira de agradecerllo será enchendo o teatro ata a bandeira. Falta aínda algún tempo para chegar a mediados do mes de abril, pero estamos convencidos de que os ferroláns van corresponder a esta elegante xentileza de Mabel Rivera.

 
Regreso al contenido | Regreso al menu principal