Curriculo - MABEL RIVERA

Vaya al Contenido

Curriculo

MIS DATOS
C.V.
       nome: Mabel Rivera (Mª Isabel Rivera Torres)
nacemento: 20 de Xuño de 1952, Ferrol (A Coruña)
    estudos: Licenciada en Filoloxía Xermánica (USC,1984)
                     Posgrao Especialización en Arte Dramática (USC, 1999-2001)
    idiomas: galego, español, inglés, francés.

Iniciouse no teatro amador de mediados dos 70, participando durante 10 anos nos espectáculos realizados polo Grupo de Teatro do Círculo de Perlío (posteriormente 'Tagallo') ata que en 1984, ano no que se crea o Centro Dramático Galego, dá o paso á profesionalización ao integrarse nun dos primeiros elencos da compañía institucional. A partir deste momento desenvolve unha longa carreira profesional tanto no teatro coma na televisión e no cinema, principalmente como actriz pero tamén como tradutora, axudante de dirección, dobradora e produtora.
Participou activamente, dende a súa fundación, na Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), da que formou parte de varias Xuntas Directivas, sendo Presidenta entre 1998 e 2000. Actualmente é Vicepresidenta dende 2015.

T e a t r o
2016 – 'Voaxa e carmín' de Esther F. Carrodeguas, dirección de Xabier Castiñeira, para 'ButacaZero' & 'Eme2'.
         * Nominada aos Premios María Casares de Teatro como Mellor Actriz Protagonista (2017).
2010 – 'Master Class' de Terrence McNally, dirección de Xosé M. Rabón, para 'Bengala Produccións'; como actriz e tradutora.
2009 – 'Romeo y Julieta' de William Shakespeare, dirección de Will Keen, para 'DiTu Producciones'.
2008 - ' El club de la calceta', de María Reimóndez, dirección de Celso Parada, para 'Teatro do Morcego'; como axudante de dirección.
2007 – 'The rescue of Penelope' (obra sinfónica), de Benjamin Britten, dirección de Víctor Pablo Pérez, para a Orquestra Sinfónica de Galicia; como La Narradora.
2006 – Participa na gravación do disco 'Unha estrela por guía' do grupo Milladoiro dedicado á memoria de Manuel María. Dirección musical, Antón Seoane.
2004 – 'Fobias', de Xosé L. Prieto, dirección de Lino Braxe, para 'Lagarta, lagarta'; como axudante de dirección.
2001 – 'Cartas de amor', de A.R. Gourney, dirección de Avelino González, para 'Lagarta, lagarta'; como actriz e tradutora.
2001 – 'O país da comedia', de varios autores, dirección de Carlos Blanco.
2000 – 'Compañía', de Eduardo Rovner, dirección de Antonio F. Simón, para 'Galería&Manivela'; como actriz e tradutora.
1999 – 'O cerco de Leningrado', de José Sanchis Sinisterra, dirección de Xúlio Lago, para 'Teatro do Atlántico'; como axudante de dirección.
1995 – 'Tolos de amor', de Sam Shepard, dirección de Xúlio Lago, para 'Teatro do Atlántico'; como tradutora.
1991 – 'Xogos á hora da sesta', de Roma Mahieu, dirección de Cándido Pazó, para 'Teatro do Malbarate'.
1990 – 'Inventarios', de Philippe Minyana, dirección de Fernanda Lapa, para 'Teatro do Malbarate'.
* Premio Compostela á Mellor Actriz (1991).
1989 – 'As alegres casadas', de William Shakespeare, dirección de Eduardo Alonso, para o Centro Dramático Galego.
1988 – 'Galicia, S.L.', de varios autores, dirección de Eduardo Alonso, para 'Teatro do Malbarate' e 'Teatro do Noroeste'.
1987 – 'Xogos de damas', de Anxel R. Ballesteros, dirección de Eduardo Alonso, para 'Teatro do Malbarate'.
1986 – 'O enfermo imaxinario', de Molière, dirección de Eduardo Alonso, para o Centro Dramático Galego.
1985 – 'Os vellos non deben de namorarse', de Alfonso R. Castelao, dirección de Eduardo Alonso, para o Centro Dramático Galego.
1984 – 'Agasallo de sombras', autor e director Roberto Vidal Bolaño, para o Centro Dramático Galego.

Televisión
2014-2018 – 'Pazo de familia', dirección de Giselle Llanio, Santiago Pumarola e Manuel Espiñeira. Serie para TVG producida por Central de Telecontenidos.
* Premio Mestre Mateo á Mellor Interpretación Feminina Protagonista (2015).
2015 – 'La sonata del silencio', dirección de Iñaki Peñafiel y Peris Romano. Serie para TVE producida por José Frade & Hijos.
2013 – 'Familia', dirección de Víctor García León, Max Lemcke e Iñaki Mercero. Serie para Tele5 producida por José M. Lorenzo & Eduardo Campoy.
2012 – 'Concepción Arenal, a visitadora de cárceres', dirección de Laura Mañá. TV-movie para a FORTA.
        * Premio Mestre Mateo á Mellor Interpretación Feminina de Reparto (2012).
2012 – 'Cuéntame como pasó', dirección de Agustí Crespí. Serie de TVE producida por Ganga Producciones.
2011 – 'La condesa rebelde', dirección de Zaza Ceballos. TV-movie para a FORTA.
2010 – 'Libro de familia', dirección de Giselle Llanio e Manuel Jamardo. Serie para a TVG producida por Central de Telecontenidos.
2009 – 'O Nordés', dirección de Alfonso Zarauza e Marta Piñeiro. Serie para TVG producida por CTV.
2009 – 'Conexao', dirección de Leonel Vieira. Miniserie para TVG.
2008 – 'La Bella Otero', dirección de Jordi Frades. Miniserie para TVG producida por Zenit Producciones.
        * Nominada aos premios Mestre Mateo como Mellor Interpretación Feminina Secundaria (2008).
2008 – 'Los Serrano', de varios directores. Serie para Tele5.
2008 – 'Futuro: 48 horas', dirixida por Manuel Estudillo. Dobre movie para Antena 3 TV, producida por El Mundo TV.
2007 – 'El estafador', dirección de Ricard Figueres. TV-movie para a FORTA.
2005 – 'Más que hermanos', dirección de Ramón Costafreda. TV-movie para a FORTA.
        * Nominada aos premios Mestre Mateo como Mellor Interpretación Feminina de Reparto (2006).
1995-2003 – 'Pratos combinados', dirección de Carlos Serrano e Chema Fernández. Serie para TVG producida por El Correo Gallego.
       * Nominada aos Premios AGAPI como Mellor Interpretación Feminina Protagonista (1997, 1998, 1999).
1989 – 'Viaje al español', dirección de Julio Sánchez-Andrada. Serie para TVE.
1988 – 'Os outros feirantes', dirección de Xosé Cermeño. Serie para TVG producida por El Correo Gallego.
1987 – 'La memoria fértil', dirección de Domènech Font. Serie para TVE.

C i n e m a
2019 – 'Muero por volver', dirección de Javier Marco (curtametraxe).
         - 'El jefe', dirección de Fernando Tato e Ozo Perozo (curtametraxe).
2018 – 'Arima', dirección e guión de Jayone Camborda. Producida por Esnatu Zinema.      
2017 – 'Ato san nen', guión e dirección de Pedro Collantes (curtametraxe).
        * Premio Mejor Actriz no Avilés Acción Film Festival (2018).
        * Nominada como Mejor Actriz no Festival CortoEspaña (2018).
2015 – 'Dantzariak' (Bailarines), guión e dirección de Axier Salazar (curtametraxe).
        * Prix du Jury d'Interprétation Féminine no Hendaia Film Festival (2016).
        * Premio Mejor Actriz no Festival de Cine por la Memoria Democrática (2017).
2014 – 'Little Galicia', guión e dirección de Alber Ponte. Producida por Ganga Producciones.
2012 – 'Inevitable', dirección de Jorge Algora. Producida por Adiviña Produccións.
        * Nominada aos Premios Mestre Mateo como Mellor Interpretación Feminina de Reparto (2014).
2011 – 'Arrugas', dirección de Ignacio Ferreras sobre o cómic de Paco Roca (creación de voz). Producida por Perro Verde Films.
2011 – 'Lobos de Arga', dirección de Juan Martínez Moreno. Producida por Vaca Films y TVE.
2009 – '7 pasos y medio', dirección de Lalo García. Producida por Iris Star.
2009 – 'Agallas', dirección de Samuel Martín Mateo e Andrés Luque. Producida por Continental Producciones.
2009 – 'Los esperpentos', sobre la trilogía de Valle-Inclán, dirección de José Luis García Sánchez. Producida por Gona Producciones.
2007 – 'El orfanato', dirección de J.A. Bayona. Producida por Rodar&Rodar, Tele5 y Guillermo del Toro.
2007 – 'Mataharis', dirección de Icíar Bollaín. Producida por La Iguana y Sogecine.
2007 – 'Hotel Tívoli', guión e dirección de Antón Reixa. Producida por Filmanova.
        * Premio Mestre Mateo á Mellor Interpretación Feminina de Reparto (2008).
2007 – 'Blackout', dirección de Rigoberto Castañeda. Producida por Valerio Morabito Films.
2006 – 'Los fantasmas de Goya', guión e dirección de Milos Forman. Producida por Saul Zaentz Productions.
2006 – 'Faltas leves', dirección de Jaume Bayarri e Manuel Valls. Producida por Avalon Productions.
2004 – 'Mar adentro', dirección de Alejandro Amenábar. Producida por Sogecine & Himenóptero.
       * Premio Goya da Academia de Cine como Mejor Actriz de Reparto (2004).
       * Premi Sant Jordi a la Millor Actriu Espanyola (2004).
       * Nominada ás Medallas del Círculo de Escritores Cinematográficos como Mejor Actriz Secundaria (2004).
       * Nominada aos premios da ACE (Asociación de Cronistas de Espectáculos de Nueva York) como Best Supporting Actress (2004).
       * Nominada aos premios da Unión de Actores como Mejor Actriz Secundaria de Cine (2004).
1987 – 'El bosque animado', dirección de José Luis Cuerda. Producida por Eduardo Ducay (Classic Film Producciones).

Outros recoñecementos

2019 – Salón de Actos 'Mabel Rivera' (Colexio Luis Vives-Ourense)
2018 – Premio AISGE á traxectoria – OUFF 2018
         – Premio Cinema Galego – FICBUEU 2018
         – Premio Xiria ao Labor Teatral da MITCFC (Cangas).
2017 – Premio da Cultura de Galicia no apartado de Artes Escénicas.
         - Finalista nos Premios da Crítica de Galicia no apartado de Artes Escénicas.
2016 – Premio de Honra da MIT de Ribadavia (ex-aequo con Belén Constenla).
2010 – Premio Especial do Festival CinEuropa en recoñecemento á traxectoria profesional.
2006 – Pedigree de Honra do Festival de Cans (O Porriño).
Webmaster Enrique Banet
Regreso al contenido