Mestre Mateo 2013 - Mabel Rivera

Vaya al Contenido

Menu Principal:

PREMIOS > Mestre Mateo

Os Premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual, que celebraron a súa gala anual a pasada fin de semana, recoñeceron en varias das súas categorías o traballo feito por profesionais ferroláns. O máis destacado foi o premio á mellor interpretación feminina para Mabel Rivera. Esta actriz de San Xoán de Filgueira, que xa ten no seu poder un Goya por “Mar adentro”, recibiu o recoñecemento pola interpretación do personaxe de Juana de Vega na película para televisión “Concepción Arenal, a visitadora de cárceres”.

Un traballo de varias compañías entre as que está Zenit Televisión do que é produtora a ferrolá Zaza Ceballos, rodado nalgunhas partes no mosteiro de Santa Catalina, en Ares, e no castelo de San Felipe de Ferrol. Esta longametraxe tamén recibiu o Premio Mestre Mateo na categoría de mellor vestiario.

Outro afortunado foi o fenés da parroquia de San Valentín  Alberto Díaz “Bertitxi”. Este director de fotografía foi recoñecido cun Mestre Mateo polo seu traballo na longametraxe “Vilamor”, algo que xa lle sucedera anteriormente xa que por esta mesma cinta recibiu o galardón á mellor fotografía no Festival Internacional de Cine de Nova York o pasado ano. No seu haber figura unha destacada experiencia no cinema galego con longametraxes como “Pradolongo”, documentais e programas de TVG.

Puedes ver el momento de la entrega del premio a Mabel Rivera en el siguiente enlace: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa/premios-mestre-mateo. La intervención de Mabel Rivera es a partir del minuto 16' 30".



GALA DE LOS PREMIOS MESTRE MATEO 2013


 
Regreso al contenido | Regreso al menu principal