Arenal, visitadora de cárceles - MABEL RIVERA

Vaya al Contenido

Arenal, visitadora de cárceles

TELEVISIÓN > 2012
Actriz en
"Arenal, visitadora de cárceles", TV-movie para la FORTA
dirección Laura Mañá.
REPARTO

Producción: Zenit Televisión & Distinto Films, con la participación de TVG, TV-3, TVE y Canal Sur.
Dirección: Laura Mañá.
Guión: Rafa Russo & Laura Mañá.
D. Fotografía: Sergi Gallardo.
Reparto: Blanca Portillo, Mabel Rivera, Óscar Rabadán, Anna Casas, Pere Arquillué, Diana Gómez, Concha Galán, Xosé Barato, Juanma Lara, Luisa Merelas, Isabel Naveira, Patricia Vázquez, Candela Fernández, Fermì Reixach.
PREMIOS Y NOMINACIONES

X Festival Europeo de Cine para TV Zoom de Igualada - 2012
Mejor película
Mejor dirección
Premio especial del Jurado Joven

Festival de Luchon 2013
Mejor ficción española


TVE estrea a película "Concepción Arenal, A Visitadora de Cárceres" no Día Internacional da Muller

O filme xa obtivo o recoñecemento do Festival Europeo de Cine para TV Zoom de Igualada, o Festival de Luchon en Francia, os Premios Mestre Mateo, o Festival de Málaga e o DetectiveFEST de Moscú.



Blanca Portillo como Concepción Arenal e Mabel Ribera como Juana de Vega


Este sábado 8 de marzo ás 22 h. a 1 de TVE estrea Concepción Arenal,  A visitadora de cárceres producida por Zenit Televisión, un filme baseado na figura da legalista, escritora e feminista ferrolá, e ambientado no tempo en que exerceu como visitadora de prisións de mulleres na Coruña. A película  xa obtivo o recoñecemento do Festival Europeo de Cine para TV Zoom de Igualada, o Festival de Luchon en Francia, os Premios Mestre Mateo, o Festival de Málaga e o DetectiveFEST de Moscú.


O filme, con produción executiva de Zaza Ceballos e Miriam Porté, é unha produción de Zenit Televisión e Distinto Films con Televisión de Galicia, Televisión de Cataluña, Canal Sur e Televisión Española, e está a ser distribuida internacionalmente por Filmax. Na película participan a AGADIC, a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, o ICEC, o ICAA e o Instituto de la Mujer.   


Concepción Arenal,  A visitadora de cárceres xa se pudo ver en Televisión de Galicia, Televisión de Cataluña e Canal Sur, e emítese por primeira vez en TVE con motivo do Día Internacional da Muller. A película está protagonizada por Blanca Portillo e dirixida por Laura Mañá, e conta coa participación dos actores Mabel Ribera no papel de Juana de Vega, Xosé Barato, Isabel Naveira e Luisa Merelas, entre outros.


Concepción Arenal no Día Internacional da Muller


A película Concepción Arenal, A visitadora de cárceres recupera a figura histórica dunha das mulleres máis sobresaíntes do século XIX, e reflicte un momento da vida de Concepción Arenal, precursora na loita contra a inxustiza e as desigualdades sociais. En pleno século XIX, nun mundo onde as execucións eran un espectáculo público e os presidiarios carecían de todo dereito, Concepción Arenal é nomeada visitadora de cárceres na prisión da Coruña. A súa loita a favor dos dereitos humanos logrou cambiar a perspectiva da sociedade sobre os máis desfavorecidos e mellorar as súas duras condicións de vida.


Esta produción, xunto con Emilia Pardo Bazán, a Condesa Rebelde, forma parte da triloxía Mulleres na Historia, que Zenit Televisión continuará abordando nas figuras de Juana de Vega, Rosalía de Castro e Margarita Xirgu.
Webmaster Enrique Banet
Regreso al contenido