Voaxa&Carmín
TEATRO > 2016
O Premio de Honra inaugurou a mirada feminina da MIT
Na foto da dereita, as actrices Belén Constenla e
Mabel Rivera, que recibiron este galardón no acto oficial de inauguración da
Mostra.
Emoción.
Sen dúbida ese foi o sentimento que protagonizou a inauguración oficial da XXXII edición da MIT
que tivo lugar onte en Ribadavia. Emoción ao estrear a nova denominación do
Auditorio da Casa da Cultura que a partir de agora levará o nome do poeta
Manuel María. Emoción ao entregar e recibir o Premio de Honra "Roberto
Vidal Bolaño" que este ano se lles concedeu a dúas grandes actrices da
escena galega: Mabel Rivera e Belén Constenla, premiadas por seren
"protagonistas de relevantes capítulos da historia recente do teatro
galego".
.